DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2025/209-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CT Barbeitos e CT Fontán.

Situación: Cerdedo-Cotobade.

Características técnicas:

– Substitución do apoio A9VWHVOW//14-8 da liña de media tensión aérea (LMTA) SJG805 por un apoio C-3000/16 e retensado do van contiguo a este (101 metros de condutor LA-80).

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) en tres actuacións:

• 424 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-3000/16, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado nº 1 (Barbeitos).

• 730 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación proxectado nº 1 (Barbeitos) e final no centro de transformación existente San Xurxo de Sacos (36CG84).

• 622 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación existente San Xurxo de Sacos (36CG84) e final no centro de transformación proxectado nº 2 (Fontán San Xurxo).

– Centro de transformación nº 1 Barbeitos, a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36012A004008760000ZS, no lugar de Barbeitos.

– Centro de transformación nº 2 Fontán, a 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36012A004001750000ZZ.

– Reforma do centro de transformación existente San Xurxo de Sacos (36CG84) consistente na instalación de novas celas de media tensión telecontroladas (3L + 1P).

– Retirada do centro de transformación intemperie Barbeitos 36AV26.

– Retirada do centro de transformación intemperie Outeiro 36AHQ3.

– A instalación está situada nos lugares de Barbeitos e Outeiro, na parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cerdedo-Cotobade.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 23 de outubro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2025/209-4.

Denominación: LMTS, CT Barbeitos e CT Fontán.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m2)

Servidume

Apoio/CT

m2

ml aéreo

m2 aéreo

ml sub.

m2 sub.

2

Fontán-San Xurxo

Urbano. Solo sen edificar

36012A004008760000ZS

Descoñecido

CT

28,14

-

-

-

-