DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro do 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2024/115-1).

Expediente: IN407A 2024/115-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT e RBT en el lugar de Outeiro de Xaviña.

Concello: Coristanco.

Feitos:

1. O día 8.4.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de arranxar os problemas de subtensións na rede de baixa tensión do lugar de Outeiro de Xaviña, concello de Coristanco, alimentada polo centro de transformación CT Traba II (15X625, IN407A 2016/1738-1) de 250 kVA de potencia, proxéctase un centro de transformación compacto prefabricado de 250 kVA, unha liña de media tensión soterrada, que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT CBL809 (expediente 253/97), procedente da subestación Carballo, e dúas saídas en baixa tensión, que o conectarán coa rede de baixa tensión existente na zona.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT no lugar de Outeiro de Xaviña, que inclúe unha memoria, uns planos e un orzamento e que comprende os seguintes documentos; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

1º. Proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT no Lugar de Outeiro de Xaviña, asinado o día 15.2.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.

2º. Anexo, asinado o día 27.8.2024 por Fabián Fernández Martínez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 4.783 de Vigo.

3º. Anexo 2, asinado o día 3.10.2025 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.

4º. Anexo 3, asinado o día 3.10.2025 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 502 de Ourense.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 22.8.2025.

– BOP: 27.8.2025.

– Xornal La Voz de Galicia: 29.8.2025.

– Taboleiro de anuncios do concello: con datas do 1.8.2025 e do 21.10.2025 solicitouse ao Concello de Coristanco a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Coristanco e Deputación Provincial da Coruña.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos polo Concello de Coristanco no prazo outorgado para ese efecto.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta da Deputación Provincial á solicitude de informe.

5. O día 17.10.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1.2.2017), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Outeiro de Xaviña, concello de Coristanco, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 361 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x150 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 9V4XLNTN//31-B-25 existente da LMT CBL809 (expediente 253/97), procedente da subestación Carballo, e remate no CTC proxectado.

– Instalación de reconectador (RC) telecontrolado en apoio nº 31-B-25.

– CT no lugar de Outeiro de Xaviña compacto prefabricado tipo rural, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude, á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 22 de outubro do 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT no lugar de Outeiro de Xaviña

Abreviacións: ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais: ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais; m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2; m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Nº de predio

Paraxe/Ref. catastral

Cultivo

Propietario e enderezo

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Outeiro de Xaviña

Ref. catastral:

0723719NH2802S0001KY

Urbana

Ramón García Taibo

María del Carmen Mira Sánchez

CT

16,81

2

Lagoa

Ref. catastral:

1021701NH2812S0001AP

Urbana

Bautista Velo

LMTS+PAS

16.0

45.5