A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 7 de outubro de 2025, resolución no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0375-2024.
Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa con DNI 36075695B, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
