DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de novembro de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Vimianzo (expediente DH.V15.110770).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: CRC Obras y Servicios, S.L.

NIF: B15387855.

Expediente: DH.V15.110770.

Lugar: Vilaseco.

Parroquia: Castrelo.

Concello: Vimianzo.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual: 52.733 m³/ano.

Punto de vertedura: X=495.848; Y=4.769.204.

Medio receptor: rego Vilariño (bacía do río Grande).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na explotación recóllense na balsa localizada na praza da canteira, cuxo efluente se verte á cuneta da estrada AC-552, incorporándose finalmente ao rego Vilariño.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025

Matilde Alonso Acosta
Xefa da Área de Verteduras