Faise constar que, unha vez publicado o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia núm. 211, do 31 de outubro de 2025, detectáronse erros materiais nas bases correspondentes ás prazas EDD-25-DTOR e EDD-25-COORD-INN, publicadas na páxina web https://www.cesga.es/transparencia/empleo
As bases corrixidas estarán dispoñibles na web https://www.cesga.es/transparencia/empleo e poderán descargarse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Considerando que se trata dun erro material que non altera as condicións da convocatoria e que as prazas indicadas están na fase de presentación de candidaturas, faise saber que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes, exclusivamente para os devanditos postos, que será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025
José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
