DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58950

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuarlles a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procederan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas (Área de Medio Ambiente), situadas na praza da Constitución, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Ref. castastral

Localización

Interesado/a

1360/2025

32076A032002120000UB

Calvos

Manuel Piñeiro Iglesias

1395/2025

32076A014001060000UH

Pazos de San Clodio

Celsa Rodríguez González

1470/2025

32076A501006850000YD

Carballo-Soutopenedo

Rogelia Rosa Gómez Pérez

1483/2025

32076A043000110000UI

Rante

Gerardo Conde Outeiriño

1511/2025

32076A043002290000UD

Rante

Julio Barandela Cid

1517/2025

32076A055000060000UP

Penedo

Celia González Rodríguez

1523/2025

32076A003000350000UE

Salgueiros

Herminio Araújo Rodríguez

1526/2025

32076A066004480000UW

Vilanova

Delfín Blanco Rodríguez

1544/2025

32076A002002730000UM

A Farixa

Miguel Ángel Doval Garza

1552/2025

32076A007003770000UM

San Cibrao das Viñas

Visitación Mira Blanco

1709/2025

32076A501012190000YA

Montelongo de Abaixo

Francisco Villanueva Crestelo

1711/2025

32076A001000070000UO

Alto Paso

Francisco González Álvarez

1711/2025

32076A001000040000UT

Alto Paso

María Lourdes Díaz Manso

San Cibrao das Viñas, 28 de outubro de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa