DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58948

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible efectuarlles a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procederán á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas (Área de Medio Ambiente), situadas na praza da Constitución, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Ref. catastral

Localización

Interesado/a

1478/2025

32076A033001470000US

Calvos

Mercedes Perdiz Cid

1504/2025

32076A033001040000UO

Calvos

Juan González Sotelo

1534/2025

32076A037004600000UO

Santa Marta

Alberto Airas

1538/2025

32076A051001100000UO

O Pazo-Currás

Corona Vázquez Menor

1550/2025

32076A003000340000UJ

San Cibrao das Viñas

Olga Eres Villanueva

1550/2025

32076A003000240000UM

Outeiro da Vela

Herdeiros de Olivia Ramos Boo

1554/2025

32076A044001730000UO

Rante

Dolores Salgado Menor

1556/2025

32076A030003720000UR

Santa Cruz

María del Mar Quintas Camba

1728/2025

32076A066006830000UP

San Cibrao das Viñas

En investigación

San Cibrao das Viñas, 28 de outubro de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa