De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo de Pontevedra.
A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 3 de novembro de 2025
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36R001/1696/2024.
Interesada: Providental, S.L.
CIF/NIF: B70049325.
Acto notificado: requirimento da inspección de consumo 36R001-R-JRLM-99-2025.
