Mediante a Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 95, do 20 de maio), aprobáronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia no ano 2024, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.
De acordo coa base 15ª da convocatoria, a resolución de concesión das subvencións que se outorguen será competencia da directora da EGAP.
A dita competencia atópase delegada na secretaria xeral da Escola en virtude do disposto polo punto primeiro letra i) da Resolución do director da EGAP do 17 de decembro de 2007.
De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base 15ª da dita Resolución do 14 de maio de 2025, faise pública a Resolución da directora da EGAP, do 6 de novembro de 2025, de adxudicación das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais, que literalmente di:
«De acordo co indicado, esta dirección
RESOLVE:
– Conceder as axudas económicas para o financiamento dos plans de formación das entidades e polas contías seguintes:
|
Entidade solicitante |
Contías |
|
FEGAMP |
167.508,00 € |
|
Deputación Provincial da Coruña |
184.999,40 € |
|
Deputación Provincial de Lugo |
72.950,00 € |
|
Deputación Provincial de Ourense |
102.122,01 € |
|
Deputación Provincial de Pontevedra |
124.671,69 € |
|
Concello de Pontevedra |
10.919,23 € |
|
Concello da Coruña |
30.979,66 € |
|
Concello de Cangas |
3.800,00 € |
– As entidades beneficiarias destas subvencións deberán xustificar o pagamento dos gastos incorridos na realización dos plans de formación para os que foron concedidas as subvencións de acordo co previsto na base 22ª da convocatoria.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, un recurso de reposición ante a directora da EGAP, no prazo dun mes a contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou directamente, un recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025
A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Sandra Docampo Ramos
Secretaria xeral da Escola Galega de Administración Pública
