DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 2025 Páx. 58974

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 7 de novembro do 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dunha bolsa de formación en materia de promoción e defensa da competencia e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CO400F).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das bolsas de formación concedidas (anexo I) ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dunha bolsa de formación en materia de promoción e defensa da competencia e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CO400F), mediante Resolución do 8 de maio de 2025 do director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Así mesmo, dáse publicidade á lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que se poidan producir (anexo II).

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Importe

14.80.613A.480.0

2017 00001

11.000,00 €

Finalidade: concesión de axudas para o impulso da formación en materia de promoción e defensa da competencia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025

Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO I

Bolsas de formación concedidas

Nº de expediente

NIF

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

Importe concedido

Observacións

CO400F/25/9

***0868**

Raquel

Fondo

Fernández

8.800,00 €

Resolución da concesión 8.5.2025

ANEXO II

Lista de persoas suplentes, por orde de prelación

Orde

Nº de expediente

NIF

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

1

CO400F/25/4

***0507**

Jonathan

Lema

Touriñán

2

CO400F/25/17

***2952**

Nuria

Pérez

Díaz

3

CO400F/25/11

***9273**

Paula

López

García

4

CO400F/25/2

***4562**

Beatriz

López

Bruzos

5

CO400F/25/12

***1991**

Adriano

Álvarez

Casalderrey

6

CO400F/25/18

***4863**

Iria María

Barbosa

Moreira

7

CO400F/25/10

***5896**

Juan Andrés

Sieira

Pérez

8

CO400F/25/8

***6369**

Francisco Javier

Paz

Cervantes

9

CO400F/25/16

***2954**

Ester

Vecilla

González

10

CO400F/25/1

***6345**

Yilliam

Piñeiro

Mulen

11

CO400F/25/14

***0910**

Helena María

Bouza

Fernández

12

CO400F/25/7

***4362**

Andrea

Rey

Castro

13

CO400F/25/13

***2692**

Manuel

Caballero

Urtaza

14

CO400F/25/20

***4287**

María Janet

López

Álvarez