De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación fose devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentada dúas veces, non se puido efectuar, empránzase as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
OU-RES-2024-049 |
José Manuel Romero Montoya |
Resolución expediente sancionador |
|
PO-RES-2024-131 |
Manuel Carballal de la Iglesia |
Resolución expediente sancionador |
|
LU-RES-2024-008 |
Miguel Gruñeiro Iglesia |
Resolución expediente sancionador |
|
OU-RES-2024-055 |
Alejandro Rodríguez Salgado |
Resolución expediente sancionador |
