DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 2025 Páx. 59026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 22 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica as resolucións ditadas no expediente 2008/360-36 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázanse as persoas citadas no anexo, para proceder á notificación das resolucións ditadas nos expedientes que se indican no referido anexo instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación ou por non ser posibles as notificacións no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados neste departamento territorial de Vigo.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, as persoas interesadas por si ou a través das persoas que legalmente as representen poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra as resolucións poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 22 de outubro de 2025

Mª Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Núm. de expediente

Interesado/a

Efectos xurídicos

Data da resolución

2008/360-36

X5329140V

Cese de medida administrativa

8.5.2025

2024/200-36

EE4625435

Mantemento de medida administrativa

5.11.2024

2015/265-36

39450563C

Mantemento de medida administrativa

12.8.2025

2017/20-36

X5806604R

Mantemento de medida administrativa

9.10.2025

2007/394-36

53179374N

Mantemento de medida administrativa

17.9.2025

2024/181-36

Juan Pablo Estorgio Castilho Moreno

Establecemento de medida administrativa

25.6.2025