Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada renovación de instalacións por fin da súa vida útil, na LAMT CBL701B Bértoa-A Laracha, 1, no concello de Carballo (expediente IN407A 2024/005-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de novembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/005-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Renovación de instalacións por fin da súa vida útil, na LAMT CBL701B Bértoa-A Laracha 1.
Concello: Carballo.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Leira de Abaixo |
Parcela: 61 Polígono: 117 |
Blandina Vecino Seoane |
18.11.2025 |
|
2 |
Braña |
Parcela: 13 Polígono: 117 |
José Manuel Capelé Cambón |
18.11.2025 |
|
3 |
Navas |
Parcela: 9 Polígono: 117 |
Carmen Suárez Martínez |
18.11.2025 |
