Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e nos artigos 44 e 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Concello de Valga.
Domicilio social: avenida da Coruña, 14, 36645 Valga.
Denominación: subestación eléctrica transformadora de repartición 66/20 kV STR Medela.
Situación: Valga.
Características técnicas:
Subestación transformadora 66/20 kV, composta por unha posición transformador 66/20 kV de 15 MVA, tres posicións de liña a 66 kV e un parque de 20 kV.
O transformador de potencia e a aparellaxe de alta tensión son de intemperie, mentres que as posicións de 20 kV, os sistemas de servizos auxiliares, control e medida están instalados nun edificio de construción de obra civil.
Liña de alta tensión subterránea, dobre circuíto a 66 kV, de 50 metros de lonxitude, con condutor RHZ1, que conectará a subestación coa LAT DC 66 kV Padrón-Tivo.
A instalación está situada en Medela, no concello de Valga (Pontevedra).
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería: (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 125 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 7 de novembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
