Convocada pola Resolución do 1 de setembro de 2025 (DOG núm. 174, do 10 de setembro), da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador/a de servizo de atención primaria, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 208, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, así como na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio), esta xerencia
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de coordinador/a de servizo de enfermaría do nivel de atención primaria convocados pola Resolución do 1 de setembro de 2025 (DOG núm. 174, do 10 de setembro).
Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas relacionadas no anexo desta resolución.
Terceiro. As persoas aspirantes nomeadas deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao de cesamento.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 10 de novembro de 2025
Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña
e Monforte de Lemos
ANEXO
Denominación do posto: Coordinador/a do Servizo de Atención Primaria.
Servizo de Atención Primaria: Burela.
Nome e apelidos: Roldán Darriba, María Teresa.
DNI (*): ***1194**.
Denominación do posto: Coordinador/a do Servizo de Atención Primaria.
Servizo de Atención Primaria: Ribadeo.
Nome e apelidos: Río Barrera, Adela.
DNI (*): ***7975**.
Denominación do posto: Coordinador/a do Servizo de Atención Primaria.
Servizo de Atención Primaria: Chantada.
Nome e apelidos: López Castro, Ana Belén.
DNI (*): ***2279**.
Denominación do posto: Coordinador/a do Servizo de Atención Primaria.
Servizo de Atención Primaria: Mondoñedo.
Nome e apelidos: Castillo Otero, Alberto José.
DNI (*): ***2290**.
(*) O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
