Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar ...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia, relativo ao predio afectado polo proxecto do parque eólico Serra do Faro fase I, na Casa do Concello de Piñor, segundo o calendario e o horario que se sinalan no anexo.
As persoas titulares de dereitos sobre o ben afectado deberán comparecer no dito acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto.
Ourense, 4 de novembro de 2025
María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN661A 2011 02/3 AT.
Instalación: parque eólico Serra do Faro (fase I).
Concellos: Piñor e San Cristovo de Cea.
Data, lugar e hora da convocatoria: o 17.12.2025, na Casa do Concello de Piñor, ás 11.00 horas.
|
Número de predio segundo o proxecto |
Titularidade proposta |
Datos catastrais |
||
|
Referencia catastral |
Lugar |
Concello |
||
|
98 |
Descoñecido |
32062A04900149 |
Rebordelas |
Piñor |
