No Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo de 2025, publicouse a Orde do 21 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR809A).
Logo da tramitación establecida nas bases reguladoras, con data do 8 de xullo de 2025 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, ditou resolución de adxudicación de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional, que se desenvolverán durante os anos 2025 e 2026.
Logo da renuncia dunha das persoas beneficiarias das bolsas, e de conformidade co disposto na base décimo segunda da Orde do 21 de marzo de 2025, con data do 24 de xullo de 2025 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, adoptou a resolución pola que se concede a unha nova persoa adxudicataria unha das bolsas convocadas pola Orde do 21 de marzo de 2025.
Posteriormente, logo doutra renuncia dunha persoa beneficiaria da bolsa, con data 16 de setembro de 2025 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, adoptou a resolución pola que se concede a unha nova persoa adxudicataria unha das bolsas convocadas pola Orde do 21 de marzo de 2025.
Conforme o establecido na base sétima, punto un, da Orde do 21 de marzo de 2025, deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Con estas bolsas preténdese apoiar a formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento, coa finalidade de complementar a formación académica das persoas tituladas universitarias con estadías na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou nas oficinas da cooperación española (OCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, de acordo co previsto no convenio subscrito entre esta Axencia e a Xunta de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG núm. 61, do 28 de marzo), segundo se detalla no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Persoas adxudicatarias
|
Apelidos |
Nome |
Destino |
Subvención concedida |
Aplicación |
|
Puime Caride |
Emilio José |
Oficina da Cooperación Española de Mozambique |
19.200 € |
05.07.331A.480.0 |
|
Antelo Alvite |
Enia |
Oficina da Cooperación Española de República Dominicana |
17.850 € |
05.07.331A.480.0 |
|
Paz González |
Mª Goretti |
DXRREE e UE Santiago de Compostela |
13.200 € |
05.07.331A.480.0 |
|
Carballo Romero |
Raquel |
Oficina da Cooperación Española de Guatemala |
19.200 € |
05.07.331A.480.0 |
|
Álvarez Rodríguez |
Uxía María |
Oficina da Cooperación Española de Bolivia |
19.200 € |
05.07.331A.480.0 |
|
Macías Tarrío |
Rosalía |
DXRREE e UE Santiago de Compostela |
13.200€ |
05.07.331A.480.0 |
