III. Outras disposicións
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de outubro de 2025 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se fan públicos os parámetros de ponderación de materias da proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2026/27, aprobados nos respectivos consellos de goberno das universidades públicas de Galicia.
Advertido erro na resolución indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 217, do 10 de novembro de 2025, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 57968, onde di: «Elisa Barreiro González (delegada do reitor da Universidade da Coruña)», debe dicir: «María Elisa Beceiro González (delegada do reitor da Universidade da Coruña)».