A Orde do 26 de decembro de 2024 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro de 2025), da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, establece as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
Mediante a Resolución do 13 de xuño de 2025 (DOG núm. 119, do 24 de xuño), concedéronse as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I da citada resolución.
O artigo 17 da orde de convocatoria establece que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 30 de setembro de 2025.
No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.
A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle por delegación da persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades, de acordo co artigo 17.5 da Orde do 26 de decembro de 2024.
En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar a renuncia ás axudas de formación posdoutoral que se indican a continuación:
|
Nº expediente |
Universidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Data de renuncia |
|
ED481B-2025-048 |
USC |
Díaz |
Bonilla |
Sara |
Non asina contrato |
|
ED481B-2025-062 |
UVigo |
González |
Romero |
Iria |
Non asina contrato |
Segundo. Aceptar as renuncias á lista de agarda que se indican a continuación:
|
Nº expediente |
Universidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
|
ED481B-2025-009 |
USC |
Bueno |
Aguado |
Mario |
Terceiro. Conceder as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 26 de decembro de 2024 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución.
Cuarto. Declarar extinguida a lista de espera.
Quinto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades beneficiarias segundo as renuncias e as novas adxudicacións:
|
Univ. |
Nº de axudas |
Crédito (en euros) |
||||||||
|
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
2029 |
2030 |
2031 |
2032 |
Total |
||
|
UDC |
9 |
77.600,00 |
472.400,00 |
438.400,00 |
324.600,00 |
407.200,00 |
407.200,00 |
337.000,00 |
0,00 |
2.464.400,00 |
|
USC |
21 |
145.500,00 |
883.333,33 |
871.800,00 |
652.925,00 |
813.216,67 |
814.400,00 |
682.775,00 |
13.850,00 |
4.877.800,00 |
|
UVigo |
10 |
145.500,00 |
866.833,33 |
890.800,00 |
644.925,00 |
813.216,67 |
814.400,00 |
682.775,00 |
13.850,00 |
4.872.300,00 |
|
Totais |
40 |
368.600,00 |
2.222.566,66 |
2.201.000,00 |
1.622.450,00 |
2.033.633,34 |
2.036.000,00 |
1.702.550,00 |
27.700,00 |
12.214.500,00 |
Sexto. A data de comezo dos contratos será o 1 de decembro de 2025, cunha duración de 6 anos.
Sétimo. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.
Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Artigo 17 da Orde do 26.12.2024)
José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades
ANEXO I
Axudas concedidas procedentes da lista de espera
Universidade de Vigo
|
Nº expediente |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Bolseiro Fulbright |
1ª estadía |
2ª estadía |
Nota |
||
|
Datas |
Zona |
Datas |
Zona |
||||||||
|
ED481B_057 |
UVigo |
Fernández |
Sanromán |
Antía |
Enxeñaría e Arquitectura |
Non |
1.3.2026 ao 31.10.2027 |
2 |
84,50 |
||
Universidade de Santiago de Compostela
|
Nº expediente |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Bolseiro Fulbright |
1ª estadía |
2ª estadía |
Nota |
||
|
Datas |
Zona |
Datas |
Zona |
||||||||
|
ED481B_122 |
USC |
Marcos |
Atanes |
Daniel |
Ciencias |
Non |
1.3.2026 ao 28.2.2028 |
2 |
83,00 |
||
