DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 2025 Páx. 59231

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de convocatoria da oferta de emprego para 2025.

Nos boletíns oficiais da provincia de Pontevedra números 200 e 202, do 20.10.2025 e do 22.10.2025, publícanse integramente as bases xerais e específicas das prazas que se indican a seguir:

– Funcionario/a de carreira.

Quenda libre.

Escala: Administración especial. Subescala: servizos especiais. Clase: persoal de oficios. Denominación: axudante de deportes. Número de vacantes: 1. Grupo AP.

Escala: Administración especial. Subescala: técnica. Denominación: traballo social. Número de vacantes: 2. Grupo A, subgrupo A2.

– Persoal laboral fixo.

Quenda libre.

Servizos xerais. Denominación: axudante de deportes. Categoría profesional: 5. Número de vacantes: 1.

Servizos xerais. Denominación: persoal de limpeza de locais. Categoría profesional: 5. Número de vacantes: 5.

Servizos xerais. Denominación: operario de servizos varios. Categoría profesional: 5. Número de vacantes: 3.

Servizos xerais. Denominación: oficial albanel. Categoría profesional: 4. Número de vacantes: 1.

Denominación: monitor/a deportivo. Categoría profesional: 4. Número de vacantes: 1.

No prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Poio, 27 de outubro de 2025

Ángel Moldes Martínez
Alcalde