DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 2025 Páx. 59233

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle na rúa Aldea de Abaixo, A Carballeira.

Aprobado definitivamente, por acordo do Pleno da Corporación na sesión do 30.10.2025, o seguinte estudo de detalle, publícase para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu regulamento:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o seguinte proxecto de estudo de detalle:

Tipo de instrumento:

estudo de detalle

Situación:

Carballeira

Instrumento que desenvolve

PXOM

Obxecto:

Reaxustar as aliñacións e mellorar o espazo público denominado EL-9, situado na rúa Aldea de Abaixo, dentro do núcleo da Carballeira

Equipo redactor:

Catoure, S.L.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificar este acordo ás persoas propietarias e demais persoas interesadas directamente afectadas polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar a alcaldesa presidenta para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto».

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

San Cibrao das Viñas, 12 de novembro de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa