DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 2025 Páx. 59890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de novembro de 2025 pola que se fai pública a resolución do procedemento para a declaración de abandono da embarcación El Jatavi, depositada na zona de varada do porto de Tragove (Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por motivos de interese público que o fan aconsellable dado que non foi posible a notificación ao suposto propietario actual como comprador da embarcación, Avelino Carballo Castiñeira, no domicilio que consta no expediente, así como pola posible existencia doutras persoas interesadas no procedemento que sexan descoñecidas, faise pública, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 3 de outubro de 2025, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono a embarcación de nome El Jatavi, con folio 7ª-CO-1-77-07, depositada na zona de varada do porto de Tragove.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A embarcación en cuestión foi trasladada ao porto de Cangas desde as inmediacións do porto de Moaña polo Servizo de Salvamento Marítimo o 29 de novembro de 2024 e, posteriormente, dado o seu estado de abandono e risco de afundimento, trasladouse ao porto de Tragove o 20 de maio de 2025.

Esta resolución se emite con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, unha vez que no Boletín Oficial del Estado número 189, do 7 de agosto de 2025, se fixese público o acordo de iniciación, e dentro do prazo concedido no trámite de audiencia nin o suposto propietario nin ningunha outra persoa física ou xurídica que acreditase dereitos e/ou intereses lexítimos sobre a embarcación formulase alegacións ou comparecese no procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque e, de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a un vertedoiro autorizado.

Esta resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia