En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Leidiz, S.L.
NIF: B-36119857.
Expediente: DH.V36.112249.
Lugar: A Igrexa.
Parroquia: San Vicente do Grove.
Concello: O Grove.
Tipo de vertedura: augas residuais asimilables a domésticas depuradas.
Caudal máximo anual: 8.784 m3/ano.
Punto de vertedura: X=506.555; Y=4.702.281.
Medio receptor: infiltración no terreo (bacía da ría de Arousa).
Tratamento/evacuación:
As augas residuais asimilables a domésticas xeradas no cámping son tratadas nun sistema de depuración de lodos activos de aireación prolongada, con decantación e recirculación de lodos, seguido de desinfección por radiación ultravioleta, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante 36 leitos de infiltración.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025
Matilde Alonso Acosta
Xefa da Área de Verteduras
