DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 2025 Páx. 59820

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025 pola que se dá publicidade da relación das persoas beneficiarias, así como das persoas non beneficiarias, dos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 28 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (procedemento administrativo AP401A).

O 19 de xuño de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 28 de maio de 2025, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (procedemento administrativo AP401A). Así mesmo, o 19 de xuño de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 840385 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 14 de novembro de 2025, a Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou a resolución da concesión e a non concesión dos II Premios Axentes TIC da Rede CeMIT, con indicación de que se lles notificase ás persoas interesadas.

Segundo o establecido nos artigos 17 das bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 28 de maio de 2025 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a relación das persoas beneficiarias e o seu importe, así como a relación das persoas non beneficiarias, será publicada no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, os referidos premios serán tamén remitidos á Base de datos nacional de subvencións.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da relación de expedientes que resultaron beneficiarios, así como os non beneficiarios, dos II Premios Axentes TIC da Rede CeMIT, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO I

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 28 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (procedemento administrativo AP401A, DOG nº 116, do 19 de xuño de 2025).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 10.A1.571A.480.0.

d) Finalidade: recoñecer o compromiso e o labor dos axentes TIC e responsables de aula, xa que fan posible unha Rede CeMIT máis eficiente e moderna que asegura que a cidadanía conte coas capacidades dixitais para poder participar de forma máis efectiva no novo contexto dixital.

e) Relación de persoas beneficiarias e cantidades concedidas ao abeiro dos II Premios Axentes TIC da Rede CeMIT 2025, así como relación de persoas non beneficiarias:

Persoas solicitantes

NIF

Premio concedido

Importe do premio

Ana María Pérez Martínez

***3869**

Primeiro

Espazo Maker

2.000 €

Víctor Manuel Galdo Gómez

***1738**

Primeiro

Maiores Dixitais

2.000 €

Ana María Pérez Martínez

***3869**

Segundo

Maiores Dixitais

1.000 €

Rebeca Crujeiras Pérez

***3866**

Primeiro

Axente TIC

2.000 €

Laura Fernández Álvarez

***8563**

Segundo

Axente TIC

1.000 €

José Marcelo Recarey Alves

***4091**

n/a

0 €

Víctor Manuel Galdo Gómez

***1738**

n/a

0 €

Verónica Barcón Ben 

***8693** 

n/a

0 €