BDNS (Identif.): 868432.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/868432
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poden obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas xestoras de salas de artes escénicas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que se dean as seguintes circunstancias:
a) A persoa solicitante deberá estar en posesión da correspondente licenza de apertura da sala para poder desenvolver a axuda que solicita.
b) A sala deberá ter unha capacidade igual ou inferior a 150 localidades.
c) A persoa solicitante deberá acreditar que a sala para a cal solicita a axuda realizou un mínimo de 50 representacións no ano 2025.
Segundo. Finalidade
Estas axudas teñen por finalidade impulsar e apoiar as salas privadas de exhibición non só na súa programación habitual, senón tamén como espazos de encontro de intercambios de experiencias entre os profesionais que conforman o sector escénico galego e proceder á súa convocatoria no ano 2026.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 6 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para ano 2026 (código de procedemento CT402D).
Cuarto. Importe
O crédito asignado ao financiamento da subvención será de 430.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770 dos orzamentos xerais da Axencia Galega das Industrias Culturais, no código do proxecto 2015 00003, coa seguinte distribución orzamentaria, 215.000 no ano 2026 e 215.000 no ano 2027.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025
José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais
