DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 2025 Páx. 59849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública a solicitude de inclusión dunha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de dúas árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2025/2809658.

Data: 10.10.2025.

Solicitante: Asociación Centro Social Cultural Recreativo Deportivo e da Terceira Idade de Vilar de Infesta.

Especie: Quercus robur L.

Tipo: árbore.

Localidade: Vilar de Infesta.

Concello: Redondela.

Provincia: Pontevedra.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto con elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que as persoas interesadas poidan presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionada neste anuncio, e a documentación presentada xunto con ela, durante un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, avda. Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://medioambiente.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información do expediente que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2025

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural