De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso por promoción interna convocados mediante a Resolución desta universidade, do 10 de xuño de 2025 (BOE do 23 de xuño), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.
Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 6 de novembro de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
|
Código: |
CU2401-T04-780-CU-TC-01 |
|
Corpo: |
Catedráticos/as de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0780 Tecnoloxía de Alimentos |
|
Departamento: |
D00T04 Enxeñaría Química |
|
Centro de traballo: |
101 Facultade de Ciencias |
|
DNI |
***9447** |
|
Nome e apelidos |
Sidonia Martínez Suárez |
|
Código: |
CU2401-T05-605-CU-TC-01 |
|
Corpo: |
Catedráticos/as de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0605 Mec. de Medios Cont. e Teoría das Estrut. |
|
Departamento: |
D00T05 Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción |
|
Centro de traballo: |
312 Escola de Enxeñaría Industrial |
|
DNI |
***3399** |
|
Nome e apelidos |
Belén Riveiro Rodríguez |
|
Código: |
CU2401-T08-398-CU-TC-01 |
|
Corpo: |
Catedráticos/as de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0398 Física da Terra |
|
Departamento: |
D00T08 Física Aplicada |
|
Centro de traballo: |
101 Facultade de Ciencias |
|
DNI |
***6455** |
|
Nome e apelidos |
Juan Antonio Añel Cabanelas |
|
Código: |
CU2401-X04-215-CU-TC-01 |
|
Corpo: |
Catedráticos/as de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0215 Didáctica e Organización Escolar |
|
Departamento: |
D00X04 Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación |
|
Centro de traballo: |
105 Facultade de Educación e Traballo Social |
|
DNI |
***2194** |
|
Nome e apelidos |
Manuela Raposo Rivas |
|
Código: |
CU2401-X04-215-CU-TC-02 |
|
Corpo: |
Catedráticos/as de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0215 Didáctica e Organización Escolar |
|
Departamento: |
D00X04 Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación |
|
Centro de traballo: |
105 Facultade de Educación e Traballo Social |
|
DNI |
***3982** |
|
Nome e apelidos |
María Carmen Ricoy Lorenzo |
|
Código: |
CU2401-X07-230-CU-TC-01 |
|
Corpo: |
Catedráticos/as de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0230 Economía Financeira e Contabilidade |
|
Departamento: |
D00X07 Economía Financeira e Contabilidade |
|
Centro de traballo: |
104 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo |
|
DNI |
***0469** |
|
Nome e apelidos |
Ángel Antonio Barajas Alonso |
|
Código: |
CU2401-X07-230-CU-TC-02 |
|
Corpo: |
Catedráticos/as de universidade |
|
Área de coñecemento: |
A0230 Economía Financeira e Contabilidade |
|
Departamento: |
D00X07 Economía Financeira e Contabilidade |
|
Centro de traballo: |
104 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo |
|
DNI |
***2031** |
|
Nome e apelidos |
Ernesto López-Valeiras Sampedro |
