DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 2025 Páx. 59894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 22 de outubro de 2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle na zona Z4-R15 (parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma. Agosto 2025, promovido por Visma Homes, S.L., e redactado polos arquitectos Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide, cos números de COAG 2391 e 3307, respectivamente.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor Desenvolvemento do PXOM 2013. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 27 de outubro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño;
BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda