A Alcaldía deste concello, con data do 8 de outubro de 2025, ditou decreto polo que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución da vía local de conexión entre a rúa Ramón González e a nova praza e parque público que están a executar na rúa Pío XII, que na súa parte dispositiva establece o seguinte:
Primeiro. Acordar a aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución da vía local de conexión entre a rúa Ramón González e a nova praza e parque público que están a executar na rúa Pío XII.
Segundo. Someter o proxecto a exposición pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tiraxe da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos bens ou dereitos. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas nas dependencias do Concello do Porriño, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para estes efectos o proxecto estará exposto nas dependencias do Servizo de Urbanismo do Concello do Porriño, sito na rúa Antonio Palacios, núm. 1, O Porriño.
Para os efectos do recoñecemento da titularidade dos bens e dereitos afectados e do pagamento no seu momento do prezo xusto aprobado aos propietarios e titulares de dereitos, deberán achegar os documentos ou títulos xustificativos completados coa súa certificación rexistral ou, de ser o caso, certificación negativa referida ao mesmo predio descrito nos títulos.
Terceiro. Notificarlles individualmente as taxacións aos que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación.
Cuarto. Publicar esta resolución, coa relación de titulares, bens e dereitos afectados que constan no proxecto, para que, conforme o establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sirva de notificación aos interesados que resulten descoñecidos, se ignore o lugar para a práctica da notificación, ou ben porque, intentada a notificación, non se puidese efectuar.
Incorpórase como anexo a relación inicial de bens, dereitos e titulares.
O Porriño, 29 de outubro de 2025
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde presidente
ANEXO I
Relación inicial de bens, dereitos e titulares dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución da vía local de conexión entre a rúa Ramón González
e a nova praza e parque público que están a executar na rúa Pío XII
|
Núm. de orde |
Referencia catastral |
Persoas titulares |
Superficie (m2) |
Afección |
|
1 |
1579023NG3617N |
José Rodríguez González Juan Manuel Rodríguez Moreira José Rodríguez Moreira María Josefa Rodríguez Moreira Alfonso Javier Rodríguez Moreira Alejandro Rodríguez Moreira |
33,40 |
Parcial |
