DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 2025 Páx. 59897

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de corrección das bases específicas do proceso selectivo para a cobertura, polo sistema de oposición libre, dunha praza de técnico/a de medio ambiente.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 10, do 16 de xaneiro de 2023, publícanse as bases específicas do proceso selectivo para a cobertura, polo sistema de oposición libre, dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira, técnico/a de medio ambiente, da escala de Administración especial, subgrupo A.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 191, do 7 de outubro de 2025, publícase a corrección das bases específicas do devandito proceso selectivo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, as persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo que figuran na resolución publicada no BOP da Coruña núm. 122, do 26 de xuño de 2024, non terán que presentar unha nova solicitude.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025

A alcadesa
P.D. (Decreto do 17.6.2023)
Manuel César Vila
Concelleiro delegado de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local