DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 2025 Páx. 60073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Brión (expediente IN407A 2024/237-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT TA2-803 apoio 9SF44VVD//D49, no concello de Brión (expediente IN407A 2024/237-1), mediante a Resolución deste departamento territorial, do 2 de setembro de 2025, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e co 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 23 de xaneiro de 2026 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Brión, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 16 de xuño, no BOP do 28 de maio e no xornal La Voz de Galicia do 29 de maio, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual, sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 30 de outubro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña