DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 2025 Páx. 60074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente IN407A 2023/325-ATE).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con enderezo para os efectos de notificación en r/ Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data 13 de setembro do 2024, a empresa solicita a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica Reforma CT 12742 Fab. Muebles no concello de Guitiriz, logo de autorizarse o preceptivo proxecto das instalacións (DOG núm. 155, do 12 de agosto) ao que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. A declaración de utilidade pública someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante Acordo deste departamento territorial do 2 de xuño do 2025. Este acordo foi publicado no diario El Progreso do 10 de xuño de 2025 e no DOG do 16 de xuño, no taboleiro de anuncios deste departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Guitiriz. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

A este feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte ao artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, este departamento territorial

RESOLVE:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que polo representante da Administración se dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no diario El Progreso do 10 de xuño de 2025, e no Diario Oficial de Galicia do 16 de xuño do 2025, expostas no taboleiro de anuncios deste departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Guitiriz. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas, poderanse formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito ante este Departamento Territorial de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prezuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 6 de novembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens afectados

Núm.

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Lugar

Concello

Titular proposto

Tipo de cultivo

LATS sup. oc. perm.
(m²)

CT sup. oc. perm. (m²)

Sup. oc. temp. por obras e accesos
(m²)

2

27022A12500161

125

161

Porto Cando

Guitiriz

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (rpta. descoñecido)

Prado

23

-

177

3

1016604NH9811N

125

161

CR Vella-Vista Alegre

Guitiriz

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (rpta. descoñecido)

Improdutivo

27

11

245