DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 2025 Páx. 59953

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025 (código de procedemento CT200A).

Con data do 11 de xullo de 2025, publícase no Diario Oficial de Galicia número 132 a Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025 (código de procedemento CT200A).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, nos artigos 4 a 8 da orde determínanse os requisitos e a documentación necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 16 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 11 de novembro de 2025, en que se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Convocatoria: Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025 (código de procedemento CT200A).

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes na Orde do 4 de xullo de 2025.

Data do acto: 11 de novembro de 2025.

Órgano competente: Instituto da Xuventude de Galicia.

Efectos: as entidades solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Relación de expedientes:

expediente

Solicitante

NIF da

entidade

Documentación requirida

2025/0001

Asociación de Voluntarios para Ayuda a Necesitados, AVAN

G15512502

– Anexo III do programa Voluntariado que coida, debidamente cuberto en todas as súas epígrafes (artigo 8.1.a)

2025/0042

Fundación

Secretariado Gitano

G83117374

– Anexo III do programa Halovav: indicar o nome dos concellos no punto 9.

– Anexo IV do proxecto Halovav: indicar o nome dos concellos no punto 7 e indicar a liña e o tipo de programa acorde co anexo II

2025/0062

Cáritas Diocesana de Lugo

R2701016D

– Anexo IV do proxecto Medialab: presentar orzamento da casa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar (artigo 8.1.h.1º.3.2) e modificar o orzamento total no anexo IV e na memoria complementaria acorde co orzamento presentado

2025/0078

Círculo Cultural

Deportivo Sanxenxo

G36022572

– Anexo II de solicitude: aclarar no punto Actuacións para as que se solicita a subvención se se trata dun só proxecto ou de dous.

– Anexo/s III: aclaración do importe solicitado, fontes de financiamento e custo total do proxecto

2025/0086

Asociación Cultural

O Castro

G36116879

– Anexo III do programa Mostra de oficios, tradicións e xogos populares.

– Anexo III do programa Encontro galego de voluntariado.

2025/0090

ONGD Senvalos

G70610282

– Memoria complementaria do proxecto.