DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 2025 Páx. 60121

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña

ANUNCIO da aprobación das bases e da convocatoria do procedemento de selección de corenta e dúas (42) prazas de bombeiro-condutor (persoal laboral fixo) e formación de bolsa de traballo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 216, do 11 de novembro de 2025, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante o Decreto da Presidencia número 495/2025, do 5 de novembro, relativas á convocatoria para a cobertura das seguintes prazas por quenda libre do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña:

– Corenta e dúas (42) prazas de bombeiro-condutor, persoal laboral fixo.

O prazo de presentación será de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra, de conformidade coas bases faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballo, 11 de novembro de 2025

Valentín González Formoso
Presidente do Consorcio Provincial contra Incendios
e Salvamento da Coruña