No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 245, do 24 de outubro de 2025, publícase a convocatoria e as bases específicas, que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025, que a seguir se sinalan:
– Seis prazas de traballador/a social (cinco da cota xeral e unha da cota de reserva a persoas con discapacidade), pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, acceso libre.
– Catorce prazas de administrativo/a (trece da cota xeral e unha da cota de reserva a persoas con discapacidade), pertencentes á escala da Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de oposición, acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.
Lugo, 28 de outubro de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 25.6.2025)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo
