Mediante a Resolución da Alcaldía do 9 de outubro de 2025 (2025-1565), foi aprobada a oferta de emprego público do persoal do Concello de Tomiño, correspondente ao exercicio 2025, publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 198, do 16 de outubro de 2025, co seguinte contido:
– Prazas de acceso libre:
• Persoal laboral: 1 operario condutor, grupo V/IV.
• Persoal funcionario: 1 técnico/a da Administración xeral, grupo A, subgrupo A1 (*).
(*) Esta praza ten orixe na modificación puntual nº 6 da relación de postos de traballo do Concello de Tomiño, aprobada polo Acordo plenario do 28 de abril de 2025, relativa ao posto de técnico de xestión, subescala de xestión, grupo A2, incluído na oferta de emprego público do ano 2023. Para a súa cobertura non se desenvolveu na data actual o prazo de 3 anos establecido no artigo 20.Tres.3 da Lei 31/2022.
– Prazas de promoción interna:
• Persoal funcionario: 1 administrativo/a, grupo C, subgrupo C1.
Tomiño, 23 de outubro de 2025
Sandra González Álvarez
Alcaldesa
