DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 2025 Páx. 60118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO de convovatoria do proceso selectivo de persoal laboral fixo (OEP 2023).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 240, do 18 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal laboral fixo, de tres (3) prazas de oficial/a, grupo V, adscritas ao posto de traballo 4027 da RPT; unha (1) praza de coordinador/a lixo condutor/a, grupo V, adscrita ao posto de traballo 4045 da RPT; dúas (2) prazas de limpador/a, grupo V, adscrita ao posto de traballo 4019 da RPT; dúas (2) prazas de operario/a servizo lixo, grupo V, adscrita ao posto de traballo 4049 da RPT; catro (4) prazas de operario/a limpeza viaria, grupo V, adscrita ao posto de traballo 4059 da RPT; unha (1) praza de auxiliar administrativo/a, grupo C2, adscrita ao posto de traballo 6025 da RPT, polo sistema de concurso-oposición, quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Foz, 20 de outubro de 2025

Francisco Cajoto Caserío
Alcalde