DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 20 de novembro de 2025 Páx. 60054

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 13 de novembro de 2025 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca concurso público, por tramitación de urxencia, para unha praza de profesorado asociado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (LOSU) (BOE do 23 de marzo), na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), no Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario (DOG do 17 de setembro), nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro, da Xunta de Galicia (DOG do 27 de outubro), e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024, esta Reitoría fai público que mediante a Resolución do 13 de novembro de 2025 se convoca un concurso público, por tramitación de urxencia, para a contratación de persoal docente e investigador na seguinte categoría:

– Profesor/a asociado/a: 1 praza.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da Universidade: http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de novembro de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado