Mediante a Resolución do 25 de agosto de 2025 (DOG do 9 de setembro e BOE do 1 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área química-física, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidente:
– Luis García Río, catedrático de universidade da USC.
Vogais:
– Manuel Martín Pastor, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Alba Noelia Prado Vázquez, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
– Fernando Gómez Souto, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
Secretaria:
– Lucía Balado García, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidente:
– Massimo Lazzari, catedrático de universidade da USC.
Vogais:
– Verónica Piñeiro Gómez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Manuel Gómez López, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– David Nespereira Ulla, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
Secretaria:
– Marta Gómez Álvarez, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
