DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 2025 Páx. 60233

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 12 de setembro para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada dun posto de xefe de servizo de Hematoloxía e Hemoterapia.

Convocada por Resolución AC-03/2024, do 12 de setembro de 2024 (DOG núm. 182, do 20 de setembro), a provisión dun posto de xefe de servizo de Hematoloxía e Hemoterapia, polo sistema de avaliación colexiada, esta xerencia da Área Sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de servizo de Hematoloxía e Hemoterapia, realizada mediante a Resolución AC-03/2024, do 12 de setembro de 2024 (DOG núm. 182, do 20 de setembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 12 de novembro de 2025

Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefa de Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia.

Nome e apelidos: Esperanza Romero Picos.

DNI: ***5403**.