DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 2025 Páx. 60231

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2025, dos tribunais nomeados para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 100 do grupo III e na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba física pendente de dúas persoas aspirantes.

Por resolucións do 3 de xuño de 2025, os tribunais nomeados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 100 do grupo III e na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificadas pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo e DOG núm. 87, do 8 de maio), convocaron o exercicio correspondente á proba física referido nas bases das convocatorias.

En virtude do artigo 154 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, adiouse a realización da citada proba física a dúas persoas aspirantes, polo que en sesión conxunta que tivo lugar o día 19 de novembro de 2025,

ACORDAN:

Convocar o día 26 de novembro de 2025, ás 13.00 horas, no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) para a realización da proba física, de conformidade co disposto na base II.7.2. da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), que modifica a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) pola que se convoca o proceso selectivo, as seguintes persoas aspirantes:

***9672** Cibreiro Vizoso, Noelia.

***3948** Cruces Duyos, Aroa.

A convocatoria realizarase en chamamento único. As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal do grupo III

José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal do grupo V