DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 2025 Páx. 60229

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), de corrección de erros.

O tribunal nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro) para cualificar o proceso selectivo, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo),

ACORDA:

Primeiro. Advertido erro na transcrición de dez (10) puntuacións nas relacións de persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre, proceder á súa rectificación de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. Publicar as relacións rectificadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, en substitución das relacións publicadas con data do 19.9.2025.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade coa base II.1.1.3, respecto do terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025

Ana María Freire Rego
Presidenta do tribunal