Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 5 de novembro de 2025
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
|
PR 204A 2025/6460-4 |
35473783D |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/7824-4 |
35589010Y |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/7175-4 |
36170790R |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/8438-4 |
44166309F |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/8024-4 |
44472434W |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/7518-4 |
54128761D |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/6719-4 |
54216437D |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/8521-4 |
76962590J |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/7743-4 |
77463094Z |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/7627-4 |
Y6570126Y |
Denegatoria |
