Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do 3.10.2025 fíxose público que, por espazo de trinta (30) días hábiles, quedaba exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e ao estudo de impacto ambiental do proxecto referido no encabezamento, co fin de que calquera persoa interesada puidese consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considerase convenientes.
O 13.10.2025, o titular presentou un escrito en que indicaba que na documentación exposta ao público existían erros, polo que a presenta de novo, corrixida.
Con base no anterior, publícase un novo anuncio polo que se somete a información pública, por espazo de trinta (30) días hábiles, a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e ao estudo de impacto ambiental dunha planta de tratamento de residuos para a produción de biometano, compost e fertilizantes, no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense), promovida por Biofertilizantes Xunqueira de Ambía, S.L., e déixase sen efecto o anuncio publicado o 3.10.2025.
A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático: (http://xunta.gal/es/medio-ambiente/ >> Portal de Medio Ambiente e Cambio Climático >> medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades >> autorización ambiental integrada >> proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2025
A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Por abstención (Resolución do 25.4.2025)
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
ANEXO
Expediente: 2024-IPPC-I-153.
Titular: Biofertilizantes Xunqueira de Ambía, S.L.
NIF: B19351873.
Domicilio social: rúa Estébanez Calderón, 3-5, 2º andar. 28020 Madrid.
Localización da instalación: parcelas 285 e 286, polígono 60; parcelas 793, 9183, 772, 753 e 743, polígono 506; parcela 1, polígono 68. 32670 Xunqueira de Ambía (Ourense).
Actividade: valorización de residuos non perigosos e SANDACH mediante dixestión anaerobia para a produción de biometano, compost e fertilizantes.
Categoría da actividade: 5.4.a) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.
Descrición do proceso: os residuos non perigosos e SANDACH someteranse a un proceso controlado de dixestión anaerobia para obter biogás. Este biogás, a través dun sistema de purificación ou upgrading, acadará a calidade de biometano, o que permitirá a súa inxección na actual rede de gas.
O dixerido someterase a unha separación mecánica sólido/líquido. A fracción sólida conducirase a unha liña de fabricación de compost. A fracción líquida, xunto coas correntes de augas sucias (augas de limpeza e baldeos, pluviais sucias e augas de proceso), pasará a unha liña de depuración, con osmose inversa, da que se obterá un efluente que se proxecta; en parte recircularase ao proceso, en parte empregarase como fertilizante líquido e en parte empregarase como auga de rega.
Vertedura: as augas sanitarias dirixiranse a unha fosa estanca con destino a un xestor autorizado.
