DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 2025 Páx. 60286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia deste departamento.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que for posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas deste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 7 de novembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Hrdos. Constantino Barreiro Villar

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2022/404-4 relacionado coa solicitude de desistencia da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS, CS Redondela, no concello de Redondela.

Roberto Alonso González

Resolución do Departamento Territorial de Pontevedra de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS VAA708 e CTC Gonda, no concello de Gondomar (expediente IN407A 2023/191-4).

María Julia Galego Riádigos

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/396-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMT, CTI Galegos, no concello de Lalín.

Hrdos. María Camila Iglesias Abalde

Resolución do Departamento Territorial de Pontevedra de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada LMTS SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CTC, no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/468-4).

Descoñecido (parcela con referencia catastral 36029A057002170000IT)

Descoñecido (parcela con referencia catastral 36029A057005590000IA)

Descoñecido (parcela con referencia catastral 36029A057001690000IS)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/240-4 relacionado coa solicitude de desistencia da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución de apoios nas LMTA CII808 e LMTA CII809, no concello de Moaña.

Víctor Cazapal González

Hrdos. Tomás Riveiro Alén

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/277-4 relacionado coa solicitude de desistencia da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Regulamentación LMTA FRI802 entre os apoios ALN1NN3H e ALKM4ETJ, no concello da Cañiza.

José Vicente Gil Álvarez

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/045-4 relacionado coa solicitude de desistencia da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Soterramento e substitución LMTA SAL803 entre os apoios AE7GBX7D//4-5 e AEEV9JWR, no concello das Neves.

Descoñecido (parcela referencia catastral 36036A035003450000QO)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/088-4 relacionado coa solicitude de desistencia da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución de apoios na LMTA ROS803, no concello Oia.

Descoñecido (parcela referencia catastral 36026A002003630000LP)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/092-4 relacionado coa solicitude de desistencia da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Soterramento LMT LOZ807B, CT Chan do Monte, CT Mogor e reforma CT Outeiro (36CVM0), no concello de Marín.