DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 2025 Páx. 60319

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO do extracto da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira, de diversas vacantes incluídas nas ofertas de emprego público para os anos 2023 e 2025.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 200, do 20 de outubro de 2025, publicáronse a convocatoria e as bases que rexerán a cobertura das seguintes prazas vacantes, incluídas na oferta de emprego público do Concello de Bueu para os anos 2023 e 2025:

Denominación: oficial condutor mecánico. Sistema de provisión: concurso-oposición. Grupo C, subgrupo C2.

Denominación: oficial de obras. Sistema de provisión: concurso-oposición. Grupo C, subgrupo C2.

Denominación: oficial electricista. Sistema de provisión: concurso-oposición. Grupo C, subgrupo C2.

Denominación: administrador/a do mercado. Sistema de provisión: concurso-oposición. Grupo C, subgrupo C2.

Denominación: administrativo/a xefe/a de negociado. Sistema de provisión: concurso-oposición. Grupo C, subgrupo C1.

Denominación: capataz de obras. Sistema de provisión: concurso-oposición. Grupo C, subgrupo C2.

Solicitudes: presentaranse no modelo-tipo que figura como anexo I das bases da convocatoria, na forma establecida no artigo 16 da LPACAP.

Prazo de presentación: vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os restantes e sucesivos anuncios inseriranse no taboleiro de anuncios electrónico e na web municipal, agás: as resolucións de aprobación da lista provisional e a definitiva de admitidos (que incluirá o nomeamento e convocatoria do Tribunal), coa publicación tamén no BOP; e a resolución de finalización do proceso e nomeamento da persoa aspirante seleccionada, que tamén se publicará no BOP e DOG.

Bueu, 20 de outubro de 2025

Félix Juncal Novas
Alcalde