DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 21 de novembro de 2025 Páx. 60321

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público 2025.

Visto que, no citado persoal e correspondente relación de postos de traballo, figuran vacantes e dotadas orzamentariamente diversas prazas, cuxa cobertura se considera necesaria neste exercicio para o bo funcionamento dos servizos municipais.

Visto o informe de Secretaría e Intervención e considerando que a proposta foi obxecto de negociación coas organizacións sindicais máis representativas, por aplicación do disposto nos artigos 36.3, 37.1.c) e 37.1.l) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TREBEP).

Considerando que a aprobación da oferta de emprego público corresponde á Alcaldía, aprobouse a OEP 2025 mediante a Resolución da Alcaldía 889/2025, do 8 de outubro de 2025.

Advertido erro no grupo das prazas de auxiliares da dita OEP, en virtude do previsto no artigo 109.2 da Lei 39/2015 e no artigo 22.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Corrixir a Resolución da Alcaldía 889/2025, do 8 de outubro de 2025, de aprobación da oferta de emprego público deste concello para o ano 2025, que contén os seguintes postos de traballo, nos seguintes termos:

Funcionarios de carreira:

Grupo

Escala

Subescala

Código RPT

Núm. vacantes

Denominación

C2

Admón. xeral

Auxiliar

1005

1

Auxiliar administrativo

C2

Admón. xeral

Auxiliar

5105

1

Auxiliar administrativo servizos sociais

C1

Admón. especial

Servicios especiais

7104

1

Axente policía local

Segundo. Publicar a oferta de emprego público na sede electrónica deste concello e no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento e interposición dos recursos que, se é o caso, as persoas interesadas consideren oportuno.

Terceiro. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer, alternativamente, ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Carballo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, poderán exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Coristanco, 31 de outubro de 2025

Juan Carlos García Pose
Alcalde