Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local na sesión do 20.11.2025, apróbase inicialmente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos bens e dereitos necesarios para o desenvolvemento da UA-3 do PXOM en Dena, e as vías de conexión coas infraestruturas existentes.
Conforme o prevido nos artigos 118.2 e 3 da Lei 2/2016 e 293.2 e 3 do Decreto 143/2016, sométese a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que puidesen resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no concernente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
O que se fai público para os efectos indicados, informando de que contra este acordo, en canto acto de trámite que non pon fin á vía administrativa, non cabe interpoñer recurso ningún, sen prexuízo do dereito á formulación das alegacións que se consideren pertinentes.
Meaño, 20 de novembro de 2025
Carlos Viéitez Fernández
Alcalde
