Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2025-0607, do 29 de outubro de 2025, aprobouse a oferta de emprego público correspondente á praza que a seguir se indica para o ano 2025.
Persoal laboral:
|
Categoría laboral |
Grupo |
Número de vacantes |
Acceso |
|
Auxiliar de axuda a domicilio |
IV |
1 |
Libre. Concurso/oposición |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante o alcalde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.
Sandiás, 30 de outubro de 2025
Felipe Traveso García
Alcalde
