No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 208, do 30 de outubro de 2025, publicouse a convocatoria pública para a provisión, con carácter temporal en comisión de servizos, a través dun proceso aberto a todas as administracións públicas, do posto de traballo vacante de xefe/a de Normalización Lingüística.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio co extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Vigo, 30 de outubro de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 26.9.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
